A PONTE DE FERRO



TEXTO E IMAXES DE XESÚS DO BREOGÁN
 
RÍO OURO COA PONTE DE FERRO

Esta ponte foi construída no ano 1890.

Desde entón coñecida como “A Ponte de Ferro” polo que acabou dando nome a este barrio.

Aquí existiron locais de baile. Locais onde as parellas se encontraban para bailar e ao mesmo tempo buscar a parella idónea para casar.

O primeiro baile do que temos coñecemento, era propiedade de Florencio Eijo Maseda. Este local estaba xusto onde comeza a Ponte de Ferro xunto con outro local tamén de baile coñecido polo “Baile de María da Ponte”, pero a xa deteriorada ponte causaba problemas aos viandantes polo que Obras Públicas pedíalle a Florencio Eijo o 50% do importe para a súa reparación a dito proxecto, loxicamente Florencio negouse.

A partir de aí, Florencio crea outro salón de baile a poucos metros máis arriba deste que a partir de 1945 foille traspasado a José Martínez Díaz (José da Casilla ou o Caminero de Fazouro).

Cóntase que no baile de José chegaron a repartir o viño entre os asistentes, ata tal punto que o servían para beber por bacenilla e ninguén preguntaba se os ouriñais eran novos ou usados.

Compre destacar de que aos nenos por ser menores non lles deixaban entrar no salón, pero algúns conseguíano cando o taberneiro Digno Vázquez lles daba cacahuetes para ir vendelos ao baile e coma quen di, con ese “permiso” (entre comiñas) xa era dabondo para poder entrar.

Moi preto a os salóns de baile, había unha taberna que era propiedade de Digno Vázquez, dita casa era moi coñecida polas “Tres esquinas” xa que era unha casa de construción moi rara ou quizais desproporcionada e perecía que en vez de catro tiña tres esquinas.

Esta casa hoxe é o afamado restaurante “La Cazuela”.

A vella Ponde de Ferro foi retirada e no seu lugar puxeron unha nova no ano 2010.



O PASO POLA PONTE DE FERRO XA RESTAURADA
TROZO QUE DEIXARON DA VELLA PONTE DE FERRO