TEXTO E IMAXES DE XESÚS DE BREOGÁN
![]() |
| VISTA AÉREA DO CASTRO DE FAZOURO |
Nesta punta está o Castro de Fazouro, castro
dos denominados Marítimos do Noroeste, o máis importante que se conserva nesta
zona.
Este castro corresponde a un asentamento
cuxa cronoloxía, a maioría dos expertos, sitúana no cambio de Era e séculos I –
II d. de C., é dicir, na época galaico-romana, máis que propiamente castrexa.
Dita orixe ten o seu fundamento nos achádeos de “terra sigillata”* hispánica,
en cerámica común romana, pero tamén pola distribución organizativa estrutura interna do poboado, así como polos
seus elementos construtivos.
As primeiras escavacións realizáronse na
primavera de 1963, levándose a cabo, coa correspondente autorización da
Comisión Provincial de Monumentos e a Dirección Xeral de Belas Artes, o
delegado local de escavacións arqueolóxicas de Ribadeo D. José González de Sela
y Torres, a quen acompañaba D. J.J. Suárez Acevedo. Dos traballos desenvolvidos
deuse conta ao entón delegado de Zona do Distrito Universitario, D. Carlos
Alonso del Real, e ao Sr. Chamoso Lamas, Comisario de Zona do servizo de
Defensa do Patrimonio Artístico Nacional, sendo, igualmente, investigado por
outros especialistas como D. Manuel Fernández Rodríguez, e visitado por
innumerables expertos como el Sr. García y Bellido, Catedrático da Universidade
de Madrid.
Unha nova prospección tivo lugar a partir do
7 de setembro de 1965, e recentemente levouse a cabo unha última campaña de
limpeza e consolidación, separando a parte construída cun filamento de cuarcita
que permite distinguir de forma clara a construción orixinal.
| O CASTRO DE FAZOURO |
A maioría dos expertos considera ao Castro
de Fazouro como un “xacemento arqueolóxico de gran interese para o estudio da
cultura castrexa sobre todo na súa etapa galaico-romana”. Precisamente co
obxecto de cinguirnos no posible aos
comentarios científicos realizados polos diferentes investigadores, recollemos
a continuación as primeiras reflexións publicadas polos expertos Suárez Acevedo y Sela y Torres
no volume 36 do Arquivo Español de Arqueoloxía, tralas primeiras escavacións.
“Tanto este
castro –nos din
referíndose ao de Fazouro- como outros varios situados ao longo de dita
costa presentan características análogas respecto á súa situación: todos eles
están sobre un promontorio costeiro que avanza a modo de cabo cara ao mar; nas
súas proximidades existe sempre un manancial ou un pequeno río e, por último,
todos eles tamén presentan, en unión coa terra firme, grandes focos defensivos
escavados na rocha, que separan totalmente o promontorio do resto do territorio
circundante. (...)
Edificacións.- Examinado o plano
da parte ata agora escavada, cabe subliñar a presencia de ruínas (dun metro de
altura aproximadamente) dunha vivenda de planta elipsoidal, construída, como
tódalas edificacións restantes, de laxas de lousa, e en cuxo interior existe un
banco de pedra contiguo ao muro e que ocupa un tercio da súa lonxitude. Unha
edificación de planta baixa cadrada, cunha porta de acceso e nunha de cuxas
esquinas o chan aparece lousado. Contiguo ao exterior dunha das fachadas de
esta edificación aparecen nove chanzos en perfecto estado que rematan nunha
pequena plataforma tamén de pedra. Restos destas tres vivendas, de traza
semellante á primeira descrita, foron tamén postas ao descuberto. É interesante
subliñar o lousado case o total dun anaco de calzada e dous pequenos espazos
que separan entre si ás vivendas.
Obxectos de pedra.- No interior
das edificacións e fóra delas apareceron algúns muíños de man, de granito, de
tipo romano. Repartidas por distintos lugares da escavación, apareceron tamén
laxas de lousa perforadas, semellantes ás que utilizan actualmente os
agricultores comarcais para suxeitar o feo nos palleiros.
Cerámica.- De modo anárquico e
moi mesturados atopáronse (case sempre entre os reducidos espazos que separan
as vivendas) diversos restos de cerámica, autóctonos uns e exóticos outros, que
constitúen unha testemuña de capital importancia para a datación no seu día do
xacemento que estamos estudando. Sen intentar realizar unha sistemática
clasificación de esta cerámica, podemos adiantar que os seus diferentes tipos
van dende a basta cerámica negra con decoración espatulada, á “terra sigillata”
nas súas versións romana e hispánica.
Obxectos de metal.- Ata o momento
tan só se acharon os fragmentos dunha fíbula de bronce, característica desta
cultura castrexa, e unha punta de frecha do mesmo metal”.
| O CASTRO DE FAZOURO |
Seguindo o noso criterio de fidelidade á documentación existente sobre o castro de Fazouro, reproducimos a continuación de forma literal, a comunicación publicada por D. Manuel Fernández e D. Carlos Alonso no Noticiario Arqueolóxico Hispánico do ano 1966, que corresponde aos traballos que eles mesmos realizaron no poboado en setembro de 1965.
Así mesmo iniciáronse varias prospeccións neste castro que nos permiten localizar catro ou cinco construcións máis de tipo análogo ás anteriores.
Podemos anticipar que se trata dun poboado costeiro moi romanizado, como pode deducirse xa non só pola cerámica, se non polo lousado das rúas e, sobre todo polos restos de estuco nas paredes, con pintura vermella. Igualmente testemuñan a súa romanización ao atopar unha moeda de bronce correspondente á ceca de Clunia e á época dos Flavios que foi atopada anteriormente.
Un estudio máis detallado da edificación cuadrangular escavada en anos anteriores permitiu localizar no interior da mesma unha ferrería, cuxas escouras foron analizadas despois nun laboratorio do C.S.I.C. en Santiago, resultando ser dun mineral de ferro abundante na rexión.
Así mesmo sometemos a análise, e esperamos o informe correspondente dalgúns dos ósos, cunchas e cinzas vexetais.
Tamén se atoparon fragmentos de pedras de muíños circulares e un fendedeiro seudoasturiense”.
| O CASTRO DE FAZOURO |
Compre destacar que quen descubriu este
castro foi o focego Leopoldo Carro Moledo fillo dos populares fotógrafos “Foto
Celta”.
Aplícase á cerámica, de uso corrente na época do Imperio Romano, feita cun molde utilizando una arxila fina; é de cor vermello e está cuberta de verniz brillante.
As pezas desta cerámica están decoradas normalmente con selos, de aí o nome de “sigillata”. A “terra sigillata” constitúe un dos principais restos orientadores nas escavacións romanas. Decaeu no transcurso do século II d. de C. ata desaparecer no século III.
Este tipo de cerámica pódese observar en calquera museo que mostre arqueoloxía romana.
Lembremos que, entre outros sitios, a podemos observar no museo romano de Mérida, que
fixo Moneo.
.jpg)