Obra Pía

 
TEXTO E IMAXES DE XESÚS DO BREOGÁN
 
 
A casa foi fundada polo escribán de número e veciño da cidade de Mondoñedo Don Francisco José de Cora e Miranda, mediante escritura pública outorgada o 12 de marzo de 1803.
 
ESCOLA DA OBRA PÍA

Foi dotada con bens que o fundador posuía nas parroquias de Fazouro, Nois e Foz.

Dispuxo que nela se ensinase aos nenos e nenas as primeiras letras, escribir, contar e a doutrina cristiá.

Designou como Patrón ao Bispo da diocese. O mestre tiña que ser Eclesiástico, e se non o hai, que o Patrón elixa a quen lle guste, con tal que sexa de boa conduta.
 
Vinte anos máis tarde, en 1823, construiríase un pequeno edificio para impartir as clases por que así a vivenda do mestre ou mestra quedaría separada da escola.
 
No ano 2007, foi restaurada na súa totalidade pola Dirección Xeral de Costas.
 
ESCOLA E OBRA PÍA


 
O MUÍÑO DA OBRA PÍA No lugar, aínda se conservan restos do que foi O Muíño que co paso do tempo deixou de funcionar pola escaseza de auga que baixaba do Rego.

Un pouco máis arriba de muíño e neste mesmo rego, existía e existe, aínda que totalmente reformado,  un lavadoiro público de roupa.                                                                            

RESTOS DO MUÍÑO
 
 
O POZO DO CREGO  Chámanlle O Pozo do Crego  por que hai moitos anos vivía un cura na Obra Pía.

Nesta zona do río Ouro existía ou existe un pozo do que se descoñece a súa profundidade.

Parece ser que este pozo ten unha corrente de auga da cal é moi difícil saír.

Din que está xusto no punto onde cae a auga do Rego que facía funcionar o muíño.