Lousada e capela da Concepción

TEXTO E IMAXES DE XESÚS DO BREOGÁN
 
 
A PRAIA DA PAMPILLSA VISTA DESDE LOUSADA


Entorno natural e de grande valor etnográfico.
Ós seus pés, divísase a praia da Pampillosa, e dende aquí hai unha impresionante panorámica desde onde se divisa Foz.
Conta con fermosos cabozos, algún deles de máis de 100 anos de antigüidade e unha capela moi sinxela de planta rectangular.
CAPELA DA CONCEPCIÓN
Desta capela cabe destacar unha talla de San Ildefonso do século XVII, cunha inscrición onde di: “Mandó pintar y dorar Juna de Vermuda”.
Ten na esquina da fachada Leste, un curioso reloxo de sol.
RELOXO DE SOL DA CAPELA DA CONCEPCIÓN
 
Neste barrio existe unha lenda moi curiosa. Trátase dunha cova que parte dende Punta Ventoeira na praia da Pampillosa a este lugar.
Dise que esta cova ten un percorrido de máis de dous quilómetros.
No seu interior, segundo din, existe unha praia e unha lagoa ou pozo de auga.
No remate da cova, que ó parecer acaba debaixo da capela da Concepción, existe soterrada outra capela na que aínda se conservan as imaxes, pero dita cova ninguén aínda a puido explorar.