A capela de San Salvador ten pranta rectangular, con retablo moi sinxelo. Destacan unha imaxe de San Salvador do século XVII e un cáliz de prata do mesmo século.
Foi restaurada no ano 2006 polo persoal da escola taller do Concello de Foz con colaboración dos residentes de Fazouro.