TEXTO E IMAXES DE XESÚS DO BREOGÁN
![]() |
| O CRISTO DE FAZOURO |
Este Cristo xa vai facer tres
séculos de historia.
Normalmente ós Cristos adoitan
chamarlles “PETOS DAS ÁNIMAS”, porque esas construccións normalmente teñen unha
regaña exterior que da a un caixón interior por onde se poden introducir cartos,
de aí o de PETO.
O engadido de ÁNIMAS, ben
porque eses cartos eran recollidos polo cura para que, supostamente rezara
polas “ánimas” ou almas do purgatorio, para que recibiran clemencia divina.
O Cristo de Fazouro, a escasos
metros da igrexa parroquial, non é Peto das Ánimas, trátase dunha doazón e
construcción feita por un veciño da parroquia, quizais por haber recibido un
favor de carácter relixioso e por iso non ten “peto” recaudatorio.
Na fachada podemos ler unha
inscrición realizada en mármore por un descendente da familia.
| PRIMEIRO PLANO DA PLACA DE MÁRMORE |
