| TEXTO E IMAXES DE XESÚS DO BREOGÁN |
| A PONTE VELLA |
A principios do século XX, existía aquí unha vella ponte que estaba construída de madeira, pero esta foise podrecendo co paso dos anos ata o punto de que non se podía cruzar o río por ela, polo que os veciños víanse obrigados a dar un gran rodeo para ir ás súas terras, casas ou mesmo ir á igrexa ou ao cemiterio.
Un veciño do lugar chamado Ramón Martínez (O Caminero) dispoñía dunha pequena gabarra a cal aproveitaba para poder cruzar o río con ela e levar á súa familia e a algún veciño á igrexa para oír misa.
| A IGREXA PARROQUIAL VISTA DESDE A PONTE VELLA |
O feito de que
os veciños a definisen como A Ponte Vella acabou dándolle nome a este barrio.
Segundo
o libro “O Camiño de Santiago na Mariña Lucense” de José R. Fernández Pacios,
editado polo Xacobeo, a este barrio chegaba o Camiño Francés do ano 1540.
Debaixo desta ponte existe un pozo que lle chaman o pozo da Ponte vella.
Debaixo desta ponte existe un pozo que lle chaman o pozo da Ponte vella.
| PONTE VELLA DE NOITE |