TEXTO E IMAXES DE XESÚS DO BREOGÁN
![]() |
| PRAIA DE AREALONGA CO CASTRO AO FONDO |
O achado destes
restos fósiles na praia de Arealonga, foi unha grande sorpresa para tódolos
veciños de Nois, pois nun principio confundíronos con "chapapote" do
naufraxio do petroleiro "Prestige", pero o que menos se imaxinaban,
era que non se trataba de "chapapote" se non de TURBAS de grande
interese científico.
Cabe destacar, que os máis
anciáns da zona, recordan que os seus avós lles contaban que ao baixar o mar e
en mareas vivas, quedaban restos de arboredo ao descuberto, ditos restos eran
transportados polos labregos en carros tirados por vacas ou bois ata as súas
casas, e unha vez secos os troncos servían para facer lume por que duraban máis tempo que a leña que traían dos montes e quentaban
mellor, segundo nos conta Vicente Sixto veciño da parroquia.
As turbas
descubertas na praia de Arealonga están consideradas polos expertos como as
máis importantes de Europa e teñen unha antigüidade de 120.000 anos.
Foron visitadas
e analizadas ata por expertos procedentes de Canadá.
¿QUE SON AS
TURBAS?
A turba é un
material orgánico compacto, de cor parda escura e rica en carbono. Está formado
por unha masa esponxosa e lixeira na que aínda se aprecian os compoñentes
vexetais que a orixinaron. Ten propiedades físicas e químicas variables en
función da súa orixe. Emprégase como combustible e na obtención de abonos
orgánicos.
| TURBAS EN PRIMEIRO PLANO |
FORMACIÓN DA TURBA
A formación de
turba constitúe a primeira etapa do proceso polo que a vexetación se transforma
en carbón mineral. Fórmase como resultado da putrefacción e carbonización parcial
da vexetación na auga ácida de pantanos, marismas e lugares húmidos. A
formación dunha turba é relativamente lenta como consecuencia dunha escasa
actividade microbiana, debida á acidez da auga ou a baixa concentración de
osíxeno. O paso dos anos vai producindo unha acumulación de turba que pode
alcanzar varios metros de grosor, a un ritmo de crecemento que se calcula de
entre medio e dez centímetros cada cen anos.
COMPOSICIÓN
Carbono 59%
Hidróxeno 6%
Osíxeno 33%
Nitróxeno 2%
Materias volátiles 60%
| Ó FONDO O CASTRO. EN PRIMEIRO PLANO AS TURBAS |
TIPOS
Pódense clasificar en dous grupos: turbas
louras e negras. As turbas louras teñen un maior contido en materia orgánica e
están menos descompostas. As turbas negras están máis mineralizadas tendo un
menor contido en materia.
APLICACIÓNS
En estado fresco
alcanza ata 98% de humidade, pero unha vez seca pode usarse como combustible.
A turba tamén se
usa en xardinería para mellorar chans pola súa capacidade de retención de auga.
É máis frecuente
o uso de turbas louras en cultivo sen chan, debido a que as negras teñen unha
aireación deficiente e uns contidos elevados en sales solubles. As turbas
louras teñen un bo nivel de retención de auga e de aireación, pero son moi
variables en canto á súa composición xa que depende da súa orixe. A
inestabilidade da súa estrutura e a súa alta capacidade de intercambio
catiónico interfiren na nutrición vexetal, ao presentar un pH que oscila entre
3,5 e 8,5. Emprégase na produción ornamental e de plántulas. A turba negra
utilízase nalgunhas zonas de Escocia para o secado dos ingredientes do güisqui,
que lle dá un aroma único.
