O Porto


TEXTO E IMAXES DE XESÚS DO BREOGÁN

PORTO DE FAZOURO

Ninguén de Fazouro lembra a antigüidade deste porto, pero si nos din que foi un pequeno porto onde chegaron a haber moitas lanchiñas pequenas.

Lanchas como La Giralda  e Marisa de Eulogio, A Paz, Portovello ou Micaela do Coi, Mensajera de Eulogio Val, San Campio e Isabel dos Gatos, Amelia e Amador, Río Ouro de Francisco do Chirolo, José Mary de Lilao, Madre Concepción de Bienvenido e María Rosa de Legaspi.
PORTO DE FAZOURO

As lanchas: Micaela, Giralda e Paz, adoitaban pescar ao marisco: lagostas, lubrigantes, centolos, nécoras, etc.

As outras lanchas andaban ao trasmallo e embalos.


Nota:
Trasmallo.- Triple rede. Arte de pesca formado por tres redes, que se cala con pedras ou chumbos.

Embalo.- Arte de pesca, consistente en facer ruídos na superficie do mar, para que os peixes, asustados se precipiten nas redes.